martes, 6 de marzo de 2007

"Vive deprisa, muere joven y deja un cadáver bonito"


Outro dos mitos hollywoodenses por excelencia. Parece que os que falecen cedo conseguen ficar no acerbo popular sen problemas. Só rodou unhas cinco películas e sen embargo alcanzou a fama de Marlon Brando.
Un galán na pantalla e na vida real, un rebelde sen causa, un xigante, un auténtico ligón dos que xa non quedan. James Dean foi e será unha estrela do cinema e da prensa máis amarilla, se cabe, polo paso do tempo.
Foron moitos os que aseguraron ter unha relación especial con el. É gracioso ver na internet que até estivo con Sara Montiel. Nalgunha páxina atopei metáforas do estilo "probou ámbolos lados do banquete sexual". Sí. A súa bisexualidade nunca se aclarará nin demostrará. Eu non sei se era bisexual ou non. O que sí se pode constatar é que todos os seus biógrafos falan dos seus affaires con homes, do complicado que era naquel tempo saír invicto dos xulgados da ortodoxia de Hollywood. E James Dean foi todo, menos ortodoxo. A imaxe que tiña era dun auténtico festas, amante da vida alocada que lle gustaba probar de todo, a velocidade, o ritmo frenético da vida, o vertixinoso coqueteo coa morte... A frase que da título a esta entrada non sei eu se a diría completamente en serio. Foi polémica. E aínda máis unha vez que o seu lindo cadáver repousaba nun cadaleito frustrando así o soño Hollywoodense de ver envellecer a un dos grandes...
Moitos din que se encasillou no papel de rebelde, de adolescente... e a verdade é que non lle deu tempo a facer outros papeis... ¿cómo queren que non se encasillara se morreu con tan só 24 anos? ¿que lle piden a un actor que evoluciona na memoria da xente, que envellece virtualmente nunha sala de hospital?

3 comentarios:

Unknown dijo...

Ola Anxiño!!!teño que recoñecer que a min encántame James Deam un auténtico rebelde sen causa...
Ti coma futuro actor que queres ser debes ter en conta unha frase que el mesmo dixo: "Un actor debe aprender todo lo que se puede saber. Experiencia; hay que experimentarlo todo, o acercarse a ello lo mas posible." non o esquezas
Beijos

Chicapotingues dijo...

Pues yo creo que James Dean es el Leo Di Caprio de Titanic del pasado. Hay muchas películas y actores que llegaron a ser mitos porque pasaron de generación en generación y se fueron convirtiendo de ciervatillo a unicornio. Por ejemplo, la película Esplendor en la Hierba. Es malísima y tiene muchísima fama... Un beso

cabelodeanxo dijo...

Hombre andre...
Esplendor en la hierba yo no la he visto... además ya se sabe que a veces los gustos personales no coinciden con los gustos de la crítica. Mira Pe, casi con un oscar en su haber y no la soportas verdad?
De toas formas no puedo opinar...
Titanic, ¿qué quieres que te diga?
Pues a mí la verdad ni fu ni fa... mu bien hecha... bonita historia de amor... pero no es pa tanto... y Leo DiCaprio está mejor en otras pelis como Diario de un rebelde o La máscara de Hierro...

pa gustos los colores