lunes, 12 de marzo de 2007

"Cando a Iugoslavia desapareceu fíxenme invisíbel"


E aquí está outro xenio. Se na anterior entrada falaba do neurótico por excelencia, agora falarei deste mestre do humor negro, que tan ben retrata aos ciganos do leste. Nos seus filmes pódese ver unha cultura, un xeito de ve-la vida totalmente diferente a nós. Para min fai documentais de ficción dun xeito que é para quitarse o sombreiro. Chapeau!!!

Para aqueles que aínda non o recoñeceran ou non saiban quen é este homiño de puro en boca, nada máis e nada menos que Emir Kusturica, o rei das comedias xitanas...

Pelis que lles recomendo: La vida es un milagro, El tiempo de los gitanos, Gato negro gato blanco, Underground... Vamos... que tedes onde escoller... jejejeje.... ten un estilo propio como Almodóvar ou Kieslowski ( o da triloxía Azul, Branco e Vermello)... vamos que é cinema de autor...
ahhhh esquecíame: Arizona Dream con Johnny Depp á cabeza é un filme tamén moi interesante e recomendable... feito en Estados Unidos con algo máis de presuposto do que acostuma este director...
Outro día... máis informacións e máis imaxes deste cineasta bosnio que opina que "cando os europeos trouxemos o móvil non significou nada, mais cando son os xitanos os que collen o teléfono é unha auténtica festa".


1 comentario:

Chicapotingues dijo...

A mi Almodóvar no me gusta... ¿Soy tan rara? Es que parece que si hoy en día no te gusta Almodóvar, eres una inculta... Pues que pasa! A mi no me gusta y punto. Y de este directo solo vi Arizona Dream, un cacho y cambié porque era demasiado rara para mi. Así que... jajaja Un beso