lunes, 26 de marzo de 2007

El gato callejero

Un gato es una criatura viviente en torno la cual gira la vida de la familia... lo alimentan como si creyeran que no tiene cerebro para hacerlo por sí mismo. Merodea de noche por las calles y recibe zapatos que le lanzan cuando maúlla.

Stephen Dando
"Los gatos- y otros amigos mimosos-"


Me encantan los gatos... sobre todo cuando ronronean...
Me encanta cuando se estiran sobre la alfombra del salón. Sonrío si me clavan las uñas en la pernera del pantalón. No puedo evitar besarles, abrazarlos y estrujarlos.
Es increíble su mirada, sus gestos... Los gatos callejeros huyen del ser humano. Me gusta su independencia. No son sumisos, a diferencia del perro eterno amigo fiel del hombre. Una amiga mía dice que no soporta los gatos por ser tan estúpidamente egoístas. ¿Acaso no es más egoista el ser humano que colecciona mascotas por miedo a la soledad? ¿Acaso no es más triste tener un perro sólo para uso propio y autosatisfacción?
Los perros son sacados por sus dueños a pasear. Los gatos salen cuando les da la gana. Son libres. Los gatos callejeros son el claro ejemplo de luchadores. Se podría decir que llevan una vida de perros, aunque suene a paradoja, es así.

Siempre me han fascinado los ojos de los gatos negros que se cruzan en mi camino. No soy supersticioso. A veces se me pasa por la cabeza la mala suerte... pero me doy cuenta de que nunca he sido supersticioso y me digo: Mierda!!!! Cómo me gustaría ser supersticioso para echar a correr nada más ver un gato negro o evitar pasar por debajo de alguna escalera!!!!
Cómo me gustaría que no me gustaran tanto los felinos... pero así es la vida... gatos que tienen vida de perros...
Gatos callejeros, independientes y con siete vidas renovables... ¿No les da un poco, sólo un poco, de envidia este dócil y a la vez agresivo animal?

miércoles, 21 de marzo de 2007

"Sinto. Esfrio febre. Sou eu"



"Toda a vida na alma humana é o movimento na penumbra.
Vivemos, num lusco-fusco da consciência, nunca certos com o que somos, com o que nos supomos ser.
Cada um tem a sua vaidade, e a vaidade de cada um é o esquecemento de que há outros com alma igual. A minha vaidade são algumas páginas, uns trechos, certas dúvidas.
A solidão desola-me, a companhia oprime-me. A presença doutra pessoa descaminha-me os pensamentos, sonho a sua presença com uma distracção especial, que toda a minha atenção analítica não consegue definir.
Devaneio entre Cascais e Lisboa. Pedi tão pouco à vida e o tão pouco a vida me negou.
Nos nunca nos realizamos. Somos dois abismos- um poço fitando o céu.
O isolamento talhou-me à sua imagem e semelhança"
Fernado Pessoa, muito obrigado pelas palavras esguias e sensíveis que me fizeram compreender melhor o português, pelo isolamento de uma alma triste e decadente... porque estás a ser o meu mestre, porque por causa tua não posso esquecer que sou um privilegiado por vivir durante uns meses na cidade onde morou a tua alma bohemia. Os meus mais sinceros cumprimentos.

lunes, 19 de marzo de 2007

"Metamorfoseando" un clásico da pintura

Cando falamos da técnica do sfumato, falamos de Leonardo, falamos da Mona Lisa. Cando falamos de ámbolos dous referímonos a esa época onde o home se vira o centro do universo. Cando nos referimos ao Renacemento, é inevitábel non ollar esta obra de arte. Actualmente atópase no Louvre en París. Outra razón máis pola cal visitar esta célebre capital.

Pero... ¿qué pasaría se a cara pouco feminina da Gioconda fose "metamorfoseada" por outro artista?
¿quén non viu os carteis, feitos polos estudantes de Arte, da Mona Lisa con bigotes e demais trazos a rotulador para protestar pola iniciativa do Goberno de acabar coa carreira uníndoa a Historia e Xeografía?

Se os verdadeiros artistas levantaran a cabeza... e viran no que se está a converter este mundo.... Mellor non pensar. Agora vénme á cabeza a frase que Kiko da Silva dixo o ano pasado con motivo da entrevista que nos concedeu na facultade de Ciencias da Comunicación: "os profesores de arte crense máis artistas do que son".
Días despois, unha rapaza que está a estudar Belas ARtes corroboraba a dita frase con coñecimento de causa, claro está.
A arte é relativa...
A arte é subxectiva...
A arte é útil aínda que haxa xente que non o vexa así...
A arte de Dalí é irrepetible--- lástima que fose un fascista, e que adicara cadros a Hitler, lástima-
A arte non ten nada que ver coa personalidade, coa bondade ou maldade...
A arte é útil... repito... metamorfoseando un clásico da pintura vese claramente que a arte evoluciona, que os artistas fican na memoria da xente, que a estética sobreponse á morte, o Eros ao Thánatos...
un cadro, dúas vidas... Gioconda e Dalí unidos nunha metamorfosis de Surrealismo renacentista

jueves, 15 de marzo de 2007

Feminismo maoísta ou de cando o rock se xunta co ballet




Xulguen vostedes mesmos...
nunca vira unha canción de rock bailada ao ritmo da danza clásica...
de tódolos xeitos non deixa de ser un vídeo de propaganda política do Movemento Maoísta INternacional.

lunes, 12 de marzo de 2007

"Cando a Iugoslavia desapareceu fíxenme invisíbel"


E aquí está outro xenio. Se na anterior entrada falaba do neurótico por excelencia, agora falarei deste mestre do humor negro, que tan ben retrata aos ciganos do leste. Nos seus filmes pódese ver unha cultura, un xeito de ve-la vida totalmente diferente a nós. Para min fai documentais de ficción dun xeito que é para quitarse o sombreiro. Chapeau!!!

Para aqueles que aínda non o recoñeceran ou non saiban quen é este homiño de puro en boca, nada máis e nada menos que Emir Kusturica, o rei das comedias xitanas...

Pelis que lles recomendo: La vida es un milagro, El tiempo de los gitanos, Gato negro gato blanco, Underground... Vamos... que tedes onde escoller... jejejeje.... ten un estilo propio como Almodóvar ou Kieslowski ( o da triloxía Azul, Branco e Vermello)... vamos que é cinema de autor...
ahhhh esquecíame: Arizona Dream con Johnny Depp á cabeza é un filme tamén moi interesante e recomendable... feito en Estados Unidos con algo máis de presuposto do que acostuma este director...
Outro día... máis informacións e máis imaxes deste cineasta bosnio que opina que "cando os europeos trouxemos o móvil non significou nada, mais cando son os xitanos os que collen o teléfono é unha auténtica festa".


sábado, 10 de marzo de 2007

Woody Allen ou a neura en estado puro

Outro dos meus ídolos. Woody Allen. A súa dose de inxenio fai que os meus días se prolonguen. Annie Hall é un clásico que fai que me plantee cousas e que me dá forzas para continuar a camiñar por estes camiños, por este mundo de merda.
Manhattan é incríbel. Todos sabemos o moito que significa para el. E é que New York ten o seu encanto, aínda que estea en yanquilandia...
Non só as súas películas. El mesmo é un grande personaxe. Un paranoico, un freakie en definitiva. Pero se tódolos freakies foran coma el... o mundo iría un pouquiño mellor non si?

Que conste que estou enfadado con este pequeno gran xenio por escoller a Penélope Cruz para a súa próxima peli que rodará en Barcelona... había outras candidatas mellores. Os que me coñecen xa saben cal sería a actriz adecuada para o papel ;)
Ademais de ser un excelente guionista, realizador e actor; Allen é músico e cultiva a literatura. Entre os seus libros máis coñecidos destacan: Cómo acabar de una vez por todas con la cultura, Sin plumas e Perfiles. En teatro escribiu No te bebas el agua, El séptimo sello, La bombilla que flota, Aspirina para dos, Muerte y Dios (ambos dentro del libro Sin plumas).
Sin duda será lo próximo que haga, hojear todos estos libros...
Entre as frases máis memorables de Allen están as seguintes:
El sexo es lo más divertido que he hecho sin sonreír-- qué razón ten!!!!
Soy lo suficientemente feo y lo suficientemente bajo como para triunfar por mí mismo
Hay dos tipos de personas: los buenos y los malos. Los buenos duermen bien, pero los malos parece que se lo pasan mejor cuando están despiertos.
Me gusta leer pornografía en Braille
Para ti, soy ateo. Para Dios, la fiel oposición.
Tú usas el sexo para expresar cualquier emoción menos amor

Eu fico sen palabras... Woody... qué grande sería ter unha conversa de bar contigo un xoves pola noite... ¿Paréceche se quedamos nun bar de Chinatown ou pásaste polo Torgal en Ourense? Se vés que non che dá tempo vémonos en Santiago...
Sen palabras. Teño dito. Woody Allen, o meu neurótico favorito.

martes, 6 de marzo de 2007

Paris je t'aime, o soño francés

Paris Je t'aime Paris je t'aime Paris je t'aime Paris je t'aime Paris je t'aime
Non podo evitar recoñecer a miña debilidade pola cultura francesa, polo moito que valoran as artes, pola localización espacial onde deu comezo a revolución, onde a fraternidade se forxou, onde a liberdade e a igualdade eran sinónimos de soños. Un dos meus soños é ir a París. Outro sería poder retransmitir algunha boa nova dende alí, por exemplo que Sarkozy desaparece do mapa ou que Bin Laden está no Quartier Latin ou no Montmartre nalgunha cafetería tomando un caffé au lait...

Paris je t'aime Paris je t'aime Paris je t'aime...
Tópicos fóra... ¿qué amor nin que ostias? A cidade da luz... bahhh... todo tópicos e pamplinas...
Como dicía Margarita Ledo non se pode toma-la parte polo todo, nada de sinécdoques por favor.
E como se tomamos Andalucía para convertila en España, na España cañí do Franquismo, dos souvenirs do toureiro e as sevillanas, das castañuelas, da peineta...
por favor... máis sinécdoques non... fóra prexuízos e tópicos... por favor...
só quero un amor que me diga: Paris, je t'aime ao pé da Tour Eiffel e me bique apaixonadamente. Non pido tanto ¿non?

"Vive deprisa, muere joven y deja un cadáver bonito"


Outro dos mitos hollywoodenses por excelencia. Parece que os que falecen cedo conseguen ficar no acerbo popular sen problemas. Só rodou unhas cinco películas e sen embargo alcanzou a fama de Marlon Brando.
Un galán na pantalla e na vida real, un rebelde sen causa, un xigante, un auténtico ligón dos que xa non quedan. James Dean foi e será unha estrela do cinema e da prensa máis amarilla, se cabe, polo paso do tempo.
Foron moitos os que aseguraron ter unha relación especial con el. É gracioso ver na internet que até estivo con Sara Montiel. Nalgunha páxina atopei metáforas do estilo "probou ámbolos lados do banquete sexual". Sí. A súa bisexualidade nunca se aclarará nin demostrará. Eu non sei se era bisexual ou non. O que sí se pode constatar é que todos os seus biógrafos falan dos seus affaires con homes, do complicado que era naquel tempo saír invicto dos xulgados da ortodoxia de Hollywood. E James Dean foi todo, menos ortodoxo. A imaxe que tiña era dun auténtico festas, amante da vida alocada que lle gustaba probar de todo, a velocidade, o ritmo frenético da vida, o vertixinoso coqueteo coa morte... A frase que da título a esta entrada non sei eu se a diría completamente en serio. Foi polémica. E aínda máis unha vez que o seu lindo cadáver repousaba nun cadaleito frustrando así o soño Hollywoodense de ver envellecer a un dos grandes...
Moitos din que se encasillou no papel de rebelde, de adolescente... e a verdade é que non lle deu tempo a facer outros papeis... ¿cómo queren que non se encasillara se morreu con tan só 24 anos? ¿que lle piden a un actor que evoluciona na memoria da xente, que envellece virtualmente nunha sala de hospital?

lunes, 5 de marzo de 2007

Glamour made in Hollywood

sen darme conta estaba aquí, con dous blogs entre olladas cansas e cabelos pegañentos de anxo. Sen a penas me decatar as pestanas ían cedendo e Marilyn xa non sorría como antano. No 1955 a Monroe era aficionada á literatura, ou polo menos iso demostran fotos nas que sae co libro de James Joyce na man, o Ulises. Neste ano, Marilyn namoraba cun dos literatos máis prezados de norteamérica: Arthur Miller. Cecais de aí, esa paixón. "Hay hombres que no suben después de caer". E mulleres, pois Norma Jean Mortensen nunca se erguería desa sobredose, nunca superaría a depresión de te-lo todo no ámbito do espectáculo e non ter nada a nivel afectivo. O seu riso en escena contrastaba coa súa vida privada na máis profunda das melancolías que alguén poida ter...
Andy Warhol resaltou os seus trazos en cores como fixo con outras personaxes públicas como Jackie Kennedy, Jonh Lennon ou o imparable líder daquel mítico Satisfaction, Mick Jagger.
Marilyn non precisaba de retoques. Nunca foi feliz. A súa vida foi tan desgraciada que os retoques non servirían máis que para resaltar a imperfecta perfección que case rozaba a diva de Ellos las prefieren rubias.. non sei qué che diga... a ela non lle gustaba moito que a catalogasen como unha actriz de curvas sinuosas e intempestivas... ela non quería destacar polo corpo ou a beleza... senón polas súas dotes... e se non o conseguiu en vida... o mito Marilyn medra a marchas forzadas... como o mito James Dean ou o movimento do 68...
Vida desgraciada, diñeiro, filmes, imaxes públicas da Marilyn actriz- finxindo unha ledicia que no fondo do seu corazón nunca existiu-, amores turbios e descontrolados, coqueteo con drogas... morbo... intrigas sexuais... PLAYBOY... Mito Marilyn...
Andy Warhol tentou que a súa imaxe aséptica e melancólica non se reflexara neste cadro, mais foi inútil... NINGUÉN PODE OCULTAR A MELANCOLÍA DUNHA ALMA (sexa actriz ou pintor)
os mitos nunca morren ou si???