lunes, 19 de marzo de 2007

"Metamorfoseando" un clásico da pintura

Cando falamos da técnica do sfumato, falamos de Leonardo, falamos da Mona Lisa. Cando falamos de ámbolos dous referímonos a esa época onde o home se vira o centro do universo. Cando nos referimos ao Renacemento, é inevitábel non ollar esta obra de arte. Actualmente atópase no Louvre en París. Outra razón máis pola cal visitar esta célebre capital.

Pero... ¿qué pasaría se a cara pouco feminina da Gioconda fose "metamorfoseada" por outro artista?
¿quén non viu os carteis, feitos polos estudantes de Arte, da Mona Lisa con bigotes e demais trazos a rotulador para protestar pola iniciativa do Goberno de acabar coa carreira uníndoa a Historia e Xeografía?

Se os verdadeiros artistas levantaran a cabeza... e viran no que se está a converter este mundo.... Mellor non pensar. Agora vénme á cabeza a frase que Kiko da Silva dixo o ano pasado con motivo da entrevista que nos concedeu na facultade de Ciencias da Comunicación: "os profesores de arte crense máis artistas do que son".
Días despois, unha rapaza que está a estudar Belas ARtes corroboraba a dita frase con coñecimento de causa, claro está.
A arte é relativa...
A arte é subxectiva...
A arte é útil aínda que haxa xente que non o vexa así...
A arte de Dalí é irrepetible--- lástima que fose un fascista, e que adicara cadros a Hitler, lástima-
A arte non ten nada que ver coa personalidade, coa bondade ou maldade...
A arte é útil... repito... metamorfoseando un clásico da pintura vese claramente que a arte evoluciona, que os artistas fican na memoria da xente, que a estética sobreponse á morte, o Eros ao Thánatos...
un cadro, dúas vidas... Gioconda e Dalí unidos nunha metamorfosis de Surrealismo renacentista

3 comentarios:

Iria dijo...

Buah!!!!
¿¿Sabes que cando estudaba no colexo sempre me decían que era a segunda Monna Lisa??Din que me asemello a ela (á orixinal), o que ainda non sei é o porqué?uns dicían que porque o meu semblante nin rí nin é serio, outros polos rasgos da cara...realmente... mellor non sabelo!!!ainda que isto de parecerse a unha obra de arte...non está nada mal!!!
Bikos Anxo.
Iria

Chicapotingues dijo...

Yo creo que lo de la sonrisa esa tan enigmática es por lo siguiente: Se está riendo de todos los que a lo largo de los años han estado estudiando la posible causa de esa risa jajaja

Anónimo dijo...

Yo voi kontigo a Paris !!!! jejeje k bonito tiene k ser todo akello ... i pa kien le guste el arte ufff ....
Y ese cuadro .... kuantas ipotesis sobre lo k realmente puede ser ... i nunka se sabra .... en fin, leonardo ... k genio.
No es dlos cuadros k mas m gustan pro su misterio le da mxos puntos ...
Wno mientras esperams el irnos a Paris ... te ace un trivial? jejeje
Mxos bsiños i mil asias x esa postal tan bonita dsd Ou ^^
Martita