lunes, 5 de marzo de 2007

Glamour made in Hollywood

sen darme conta estaba aquí, con dous blogs entre olladas cansas e cabelos pegañentos de anxo. Sen a penas me decatar as pestanas ían cedendo e Marilyn xa non sorría como antano. No 1955 a Monroe era aficionada á literatura, ou polo menos iso demostran fotos nas que sae co libro de James Joyce na man, o Ulises. Neste ano, Marilyn namoraba cun dos literatos máis prezados de norteamérica: Arthur Miller. Cecais de aí, esa paixón. "Hay hombres que no suben después de caer". E mulleres, pois Norma Jean Mortensen nunca se erguería desa sobredose, nunca superaría a depresión de te-lo todo no ámbito do espectáculo e non ter nada a nivel afectivo. O seu riso en escena contrastaba coa súa vida privada na máis profunda das melancolías que alguén poida ter...
Andy Warhol resaltou os seus trazos en cores como fixo con outras personaxes públicas como Jackie Kennedy, Jonh Lennon ou o imparable líder daquel mítico Satisfaction, Mick Jagger.
Marilyn non precisaba de retoques. Nunca foi feliz. A súa vida foi tan desgraciada que os retoques non servirían máis que para resaltar a imperfecta perfección que case rozaba a diva de Ellos las prefieren rubias.. non sei qué che diga... a ela non lle gustaba moito que a catalogasen como unha actriz de curvas sinuosas e intempestivas... ela non quería destacar polo corpo ou a beleza... senón polas súas dotes... e se non o conseguiu en vida... o mito Marilyn medra a marchas forzadas... como o mito James Dean ou o movimento do 68...
Vida desgraciada, diñeiro, filmes, imaxes públicas da Marilyn actriz- finxindo unha ledicia que no fondo do seu corazón nunca existiu-, amores turbios e descontrolados, coqueteo con drogas... morbo... intrigas sexuais... PLAYBOY... Mito Marilyn...
Andy Warhol tentou que a súa imaxe aséptica e melancólica non se reflexara neste cadro, mais foi inútil... NINGUÉN PODE OCULTAR A MELANCOLÍA DUNHA ALMA (sexa actriz ou pintor)
os mitos nunca morren ou si???

1 comentario:

Chicapotingues dijo...

Bienvenido al mundo blogspot anxiño. Seré una fiel lectora ya que me encanta esa forma tan surreal de escribir que tienes. Sin duda, Marilyn es el mito sexual de todos los tiempos. Nada de anoréxicas, Monroe, es única. Y creo que el punto desgraciado que tenía viene dado, precisamente, por tenerlo todo. A muchos famosos les pasa... Un besazo