viernes, 31 de agosto de 2007

Ler o que che gustaría ter escrito

Entre versos de Lucía Aldao
a corda ténsase e xa non camiño con medo...

Entre liñas de Alba Cid
acariño as verbas que xurdiron nesa noite

Entre acordes, entre berros calados...

e multiplicar abrazos delongados
e xirar naquela noria enfermiza
e non parar de imaxinarte
e non deixar de... inspir-ARTE

Entre berros e acordes calados



Despois de ler Maio de mel ou lapa do ferrolán Xoán Xosé García... pasoume algo parecido que co libro de Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria...

Non sei vós...
pero a min tenme pasado xa varias veces, o de ler algo que me gustaría ter escrito...

e non deixar de Inspir-arte, de aspir-arte, de camiñ-arte

5 comentarios:

osondaxordeira dijo...

moitas veces tenme pasado iso que dis...moitas veces

torredebabel dijo...

sisi, eu coñezo o asunto. Non porque sexa unha lectora exquisita senon porque non teño talento ningún para contar en galego esas historias que mais me gustan!

Anónimo dijo...

mmm...
xa tou instalá.
e ti...intempériasme sempre,meu

Anónimo dijo...

si, da bonek violeta

Jose Antonio Vallejo Serrano dijo...

Hola! Gracias por la visitilla y el comment en el dibujo... Estoy experimentando un montón con esas siluetas y su loca chaqueta, espero que veas las nuevas obras que cuelgue y expreses tu opinión libremente, que también me gusta que me critiquen.
Personaliza tu blog acorde al amor por Galicia, será más total.