viernes, 31 de agosto de 2007

Ler o que che gustaría ter escrito

Entre versos de Lucía Aldao
a corda ténsase e xa non camiño con medo...

Entre liñas de Alba Cid
acariño as verbas que xurdiron nesa noite

Entre acordes, entre berros calados...

e multiplicar abrazos delongados
e xirar naquela noria enfermiza
e non parar de imaxinarte
e non deixar de... inspir-ARTE

Entre berros e acordes calados



Despois de ler Maio de mel ou lapa do ferrolán Xoán Xosé García... pasoume algo parecido que co libro de Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria...

Non sei vós...
pero a min tenme pasado xa varias veces, o de ler algo que me gustaría ter escrito...

e non deixar de Inspir-arte, de aspir-arte, de camiñ-arte